DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Pontevedra (expediente DH.A36.68350).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de outubro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios de Rañadoiro unha concesión de 7.830,9 m3 anuais de auga que procede de dous mananciais situados no lugar do Rañadoiro, da parroquia de Ponte Sampaio (Santa María), no concello de Pontevedra (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Expediente: DH.A36.68350.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións