DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de novembro de 2023, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VI482F3200018 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos adoptounos a xefa da Área Provincial de Ourense e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de novembro de 2023

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

VI482F3200018

Y6715277G

Resolución de desistencia tácita da solicitude de axuda do programa do Bono de alugueiro social

VI482F3200116

44662483W

Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda do programa do Bono de alugueiro social e concesión de trámite de audiencia