DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de rehabilitación da concesión mineira San Amaro 2.520.2.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados polo proxecto de rehabilitación da concesión mineira San Amaro 2.520.2, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 15 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO/C/2520.2.

Entidade beneficiaria: Consorcio Zona Franca de Vigo.

Denominación da instalación: concesión mineira San Amaro 2.520.2.

Concello: Cangas.

Predio

Referencia catastral

Titular

047

36008A032000470000JH

Herdeiros de José Fernández Campos

048

36008A032000480000JW

Carmen Piñeiro Rial

049

36008A032000490000JA

Manuel Hermelo Menduíña

050

36008A032000500000JH

Manuel Hermelo Menduíña

052

36008A032000520000JA

José Benito Hermelo Pérez

055

36008A032000550000JG

Cándido Menduíña Carballo

064

36008A032000640000JM

Cándido Menduíña Carballo

522

36008A032005220000JE

Granitos Aldán, S.L.

562

36008A032005620000JW

Herdeiros de Manuel Hermelo Menduíña

563

36008A032005630000JA

Margarita Menduíña Barreiro