DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de resolucións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, do 18 de xullo de 2023, de cambio de titularidade no proceso de concentración parcelaria da zona do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio dun anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, núm. 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 14 de novembro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Propietaria/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Áurea Alonso Rodríguez

Resolución

O Burgo-Vilamaior-Camba

(Castro Caldelas-Ourense)

Judith Alonso Rodríguez

Resolución

O Burgo-Vilamaior-Camba

(Castro Caldelas-Ourense)