DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 6 de novembro de 2023 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Uriz, do termo municipal de Castroverde (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 226 do polígono 123, do termo municipal de Castroverde (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 17 de outubro de 2023.

Lugo, 14 de novembro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo