DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de novembro de 2023, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/21/195.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192, de clave PO/21/195.06, no municipio de Vilagarcía de Arousa, que terá lugar no salón de plenos do Concello de Vilagarcía de Arousa o día 12 de decembro de 2023.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden consultar o expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 13 de novembro de 2023

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

Día

Hora

1

36060A016003980000GK

Ferreira Faro, Santiago Luis (herdeiros de)

12.12.2023

10.00

2

36060A016005290000GI

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

12.12.2023

10.15

3

36060A016005340000GE

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

12.12.2023

10.15

4

36060A016005350000GS

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

12.12.2023

10.15