DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación e ratificación do texto definitivo do convenio urbanístico co propietario da parcela lindeira co Centro de Saúde de Carballo (expediente 2022/U039/000027).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 9 de outubro de 2023, acordou:

Primeiro. Aprobar e ratificar o texto definitivo do convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Carballo e Alberto Varela Trigo para a tramitación anticipada de planeamento de acordo co artigo 129.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Segundo. Notificar e emprazar ambas as partes, para os efectos de que se asine o convenio urbanístico referenciado, nun prazo de quince días desde a notificación da aprobación do texto definitivo. Transcorrido este prazo sen que o convenio fose asinado, quedará sen efecto.

Terceiro. Publicar o texto íntegro do convenio, xunto co seu acordo de aprobación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello.

Cuarto. Anotar o nome do convenio no Rexistro de Convenios do Municipio e custodiar un exemplar completo do seu texto definitivo e de toda a súa documentación anexa no arquivo administrativo municipal.

O texto íntegro do convenio pode consultarse na páxina web (punto 5 Convenios) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello, nas seguintes ligazóns:

https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 30 de outubro de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde