DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65185

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO do 2 de novembro de 2023 polo que se fai pública a convocatoria de axudas ao estudo para o curso académico 2023/24.

Ao presidente da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 31 de xullo de 2023, correspóndelle aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2023/24, con suxeición ás bases da convocatoria cuxo texto pode consultarse na seguinte páxina web: https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroaes/home

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo dela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación
Manuel Ventura Figueroa