DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65199

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Hábitat Novo Castiñeiriño, S. Coop. Galega de Vivendas

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

De conformidade co disposto nos artigos 86 e 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, e nos estatutos da Sociedade, faise público que na asemblea xeral ordinaria, que tivo lugar o 15 de decembro de 2022, acordouse por unanimidade, e en cumprimento do seu obxecto social, a disolución de Hábitat Novo Castiñeiriño, Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas (NIF F70491378).

Así mesmo, faise público o nomeamento, polo Consello Galego de Cooperativas, de Auditora Galega de Contas, S.P.L., na persoa de Manuel Pérez Piñeiro, como órgano de liquidación.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2023

Manuel Pérez Piñeiro
Liquidador