DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2022/215-1, no concello de Rianxo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada telecontrol na LMT BOI807, apoio 9RAM2KDN//42-A 1, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2022/215-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 13 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/215-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: telecontrol na LMT BOI807, apoio 9RAM2KDN//42-A 1.

Concello: Rianxo.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Fieiteira

70

7743

Descoñecida

20.11.2023