De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo en Santo André de Campo Redondo, no concello de Ribadavia.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2265/2019.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático