De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para notificarlle o acto administrativo citado no anexo.
Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Vigo, 31 de outubro de 2023
Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: PS-XT-07-2023.
Persoa interesada. NIE: Y1045467Q.
Acto de notificación: Acordo do 13 de outubro de 2023 de cambio de instrutor de procedemento sancionador.