DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65042

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 16 de novembro de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (código de procedemento MR361A).

BDNS (Identif.): 665743.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación da dotación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023, nos seguintes importes:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2023 (€)

Anualidade 2024 (€)

14.04.713D.770.0

201400658

2.336.452

1.000.000

Conforme iso, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta orde é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2023 (€)

Anualidade 2024 (€)

14.04.713D.770.0

201400658

4.318.571

3.450.000

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 21 de decembro de 2022.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural