DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican o acordo na zona de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican o acordo na zona de concentración.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 10 de novembro de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

ZCP Barbeito

DNI/nome

Nº de prop.

Acto notificado RDX 04.10.23

76516862W

139

RDX 04.10.23

32174364D

267

RDX 04.10.23

Acto notificado RDX 29.09.23

32218010R

53

RDX 29.09.23

33145121M

107

RDX 29.09.23

32385639Y

121

RDX 29.09.23

76490293K

366

RDX 29.09.23