DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 64945

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2023 pola que se integra unha funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, na súa disposición adicional décimo primeira regula que os profesores e profesoras titulares de escola universitaria que, no momento da entrada en vigor desta lei orgánica, posúan o título de doutor o doutora ou o obteñan con posterioridade, e estean acreditados especificamente no marco do previsto polo artigo 69, accederán directamente ao corpo de profesores/as titulares de universidade, nas súas propias prazas.

Unha vez solicitada por María Sonia Bouza Fernández, con DNI núm. ***7336**, funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Construcións Navais, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, e os estatutos desta universidade, resolve integrala no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Construcións Navais, con efectos económicos e administrativos do 13 de novembro de 2023.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 13 de novembro de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña