DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 64974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 6 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2023/140-3), o cal foi publicado no DOG do 3 de novembro, e realizouse ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 9 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/140-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA SCV817N entre os apoios núm. T-CT-28-11 e núm. CT-CT-28-12.

Termo municipal: San Cibrao das Viñas.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32076A007002450001IB.

Lugar: Veiga.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Benigna Abadín Vázquez.

Afeccións do apoio/CT: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 28-12.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32076A007004290000UY.

Lugar: Rodeiro.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Benigna Abadín Vázquez.

Afeccións do apoio/CT: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 28-11.