DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 64978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2023/102-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto instalación de RC TC na LMTA MOF802 no apoio nº 122-53-3 (Bóveda), segundo se sinala no cadro anexo.

Asemade infórmase de que o proxecto correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/boveda

Lugo, 9 de novembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto de instalación de RC TC na LMTA MOF802 no apoio nº 122-53-3 (Bóveda).

Concello: Bóveda (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/102-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio

(nº)

Apoio (m2)

Afeccións

(ml. aér.)

Afeccións

(m2 aér.)

1

32

352

Agro

Monte alto

Descoñecido

122-53-3

2.0

0

0