DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de exposición e información pública de estudo de detalle.

O Concello de Vilanova de Arousa está tramitando o estudo de detalle presentado por instancia de particular para a definición da liña de edificación nun ámbito de solo situado na Cerca, Vilanova de Arousa.

De conformidade co disposto nos artigos 80 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia, e 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da Lei do solo, sométese o documento á información pública durante un prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo do concello, sita na casa do concello, 3ª planta (praza do Concello, nº 1), de luns a venres, agás festivos, das 9.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa na epígrafe de taboleiro de anuncios>Urbanismo.

Vilanova de Arousa, 16 de novembro de 2023

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde