DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Dozón (expediente IN407A 2023/268-4).

Expediente: IN407A 2023/268-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do apoio B0V09A1A//88-A64 da LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, LMTA e RC.

Concello: Dozón.

Feitos:

Primeiro. O 5 de maio de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada substitución do apoio B0V09A1A//88-A64 da LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, LMTA e RC.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións na liña de media tensión aérea LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, no concello de Dozón (Pontevedra):

Substitución do apoio B0V09A1A//88-A64 por un novo apoio C-3000/16, no cal se instalará un reconectador-seccionador telecontrolado. O apoio está situado na parcela con referencia catastral 36016A03700307.

Substitución do condutor LA-56 entre o apoio proxectado e o apoio B0V7POKB//88-A63 (66 metros).

Substitución do condutor LA-56 entre o apoio proxectado e o apoio B0U0KCL0//88-A65 (114 metros).

Substitución do condutor LA-30 entre o apoio proxectado e o apoio B0TSKSAV//88-A64-A1 (67 metros).

Substitución do condutor LA-56 entre o apoio proxectado e o apoio B0UQ1EG0//88-A64-B1 (46 metros).

Instalación dunha liña de media tensión aérea en condutor LA-56.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Dozón que non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, en catro actuacións. A primeira é de 66 metros, con orixe no apoio existente B0V7POKB//88-A63 e final no apoio proxectado C-3000/16 (B0V09A1A//88-A64) na LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11. A segunda é de 114 metros, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio existente B0UOKCL0//88-A65. A terceira é de 67 metros, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio existente B0TSKSAV//8-A64-A1. A última é de 46 metros, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio existente B0UQ1EG0//55-A64-B1.

Instalación de un reconectador-seccionador telecontrolado no apoio proxectado C-3000/16 (B0V09A1A//88-A64).

A instalación está situada no concello de Dozón (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada substitución do apoio B0V09A1A//88-A64 da LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, LMTA e RC, expediente IN407A 2023/268-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 27 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra