DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiso (expediente IN407A 2023/248-1).

Expediente: IN407A 2023/248-1.

Promotora: Fuciños Rivas, S.L.

Denominación do proxecto: LMTS-CS Portodiz.

Concello: Santiso.

Feitos:

1. O día 9 de maio de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de renovar o centro de seccionamento CS Portodiz para a protección das liñas de distribución e mellora na calidade da subministración eléctrica no concello de Santiso, proxéctase substituír o dito centro de seccionamento por outro de tipo prefabricado; desmantelar os últimos vans das liñas de distribución en media tensión LP Portodiz-Portochao (expediente 51.392), LP Melide II (IN407A 2016/859-1), LP Central de Portodiz e LMT Derivación a Vimianzo (IN407A 2016/888-1), que conflúen na contorna da CH Portodiz (Lumymey), e instalar os tramos soterrados correspondentes que os substitúen.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado LMTS-CS Portodiz, asinado o 2 de maio de 2023 por Severino A. Calvar Fonterosa, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número de colexiado 950 da Coruña.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Santiso e a Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 2 de outubro de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Portodiz, no concello de Santiso, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Desmantelamento tramo LMTA con orixe no apoio nº 4FR00008 existente da LMT LP Central de Portodiz e remate na CH Portodiz. Novo tramo LMTA a 20 kV (inicialmente 15 kV), de 190 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 4FR00008 existente e remate no novo apoio proxectado tipo C-3000/14 con PA/S na LP Portodiz–Portochao (expediente 51.392).

– Desmantelamento tramo LMTA con orixe na CH Portodiz e remate no apoio nº 4FR0000133 por desmontar da LP Melide II (IN407A 2016/859-1). Novo tramo LMTS a 20 kV (inicialmente 15 kV), de 242 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no novo apoio proxectado tipo C-3000/14 con PA/S da LP Melide II (IN407A 2016/859-1) e remate no CS proxectado.

– Desmantelamento tramo LMTA con orixe no apoio nº 4FR000094 que se desmontará da LMT Derivación a Vimianzo (IN407A 2016/888-1) e remate no novo apoio proxectado tipo C-3000/14 con PA/S na LMT LP Portodiz–Portochao (expediente 51.392). Novo tramo LMTS a 20 kV (inicialmente 15 kV), de 169 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado, novo apoio proxectado e remate no CS proxectado.

– Desmantelamento tramo LMTA con orixe na CH Portodiz e remate no apoio nº 4FR000096 que se desmontará da LMT Derivación a Vimianzo (IN407A 2016/888-1). Desmantelamento do apoio nº 4FR000095. Novo tramo LMTS a 20 kV (inicialmente 15 kV), de 83 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, con orixe no novo apoio proxectado tipo C-3000/16 con PA/S na LMT Derivación a Vimianzo (IN407A 2016/888-1) e remate no CS proxectado.

– LMTS a 20 kV (inicialmente 15 kV), de 364 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, con orixe no CT da CH Portodiz e remate no CS proxectado.

– CS no lugar de Portodiz, compacto prefabricado en configuración 5L+1P (SS.AA.) e trafo de SS.AA., 15.000-20.000/420V, de 25 kVA.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 18 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña