DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 63832

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 pola que se publica a verificación do plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría Aeronáutica.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 17 de outubro de 2023 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 30 de outubro mediante Resolución do secretario xeral de Universidades do 19 de outubro de 2023).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 2/2023, resolve publicar a verificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Aeronáutica pola Universidade de Vigo.

Vigo, 14 de novembro de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Enxeñaría Aeronáutica pola Universidade de Vigo

Código RUCT: 4318384.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

72

Optativas

30

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

120

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Aerodinámica e Aeroelasticidade Avanzadas (parcial)

1,5

OB

Vehículos aeroespaciais

Materiais e Produción Aeroespacial Avanzados (parcial)

3,5

OB

Deseño, Cálculo e Certificación de Aeronaves e Vehículos Espaciais

9

OB

Mecánica de Fluídos Avanzada (parcial)

1,5

OB

Dinámica do Voo

6

OB

Cálculo Avanzado de Estruturas Aeroespaciais (parcial)

5

OB

Aerodinámica e Aeroelasticidade Avanzadas (Parcial)

4,5

OB

Sistemas de propulsión

Materiais e Produción Aeroespacial Avanzados (parcial)

5,5

OB

Mecánica de Fluídos Avanzada (parcial)

4,5

OB

Deseño, Cálculo e Certificación de Sistemas de Propulsión Aeroespaciais

6

OB

Cálculo Avanzado de Estruturas Aeroespaciais (parcial)

1

OB

Sistemas Avanzados de Navegación Aérea

6

OB

Sistemas de navegación e circulación aérea

Aviónica

6

OB

Explotación do Transporte Aéreo

6

OB

Enxeñaría aeroportuaria e organización aeronáutica

Desenvolvemento de Infraestruturas Aeronáuticas

6

OB

Xestión de Proxectos Espaciais

6

OP

Especialidade: Sistemas espaciais

Entorno Espacial e Análise de Misión

6

OP

Sistemas Mecánicos, Térmicos e Eléctricos Espaciais

6

OP

Software Crítico para Sistemas Espaciais

6

OP

Sistemas de Telecomunicación Espaciais

6

OP

Sistemas de Observación Espacial

6

OP

Sistemas de Control de Órbita e Actitude

6

OP

Ciencias do Espazo

6

OP

Propulsión Espacial

6

OP

Intelixencia Artificial en Enxeñaría Espacial

6

OP

Prácticas externas

6

OB

Prácticas externas

Traballo fin de máster

12

OB

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Aeronáutica, o alumnado deberá superar os 120 créditos ECTS de que consta o máster.