DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64215

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Gandeiría O Lameiro, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

A asemblea extraordinaria de Gandeiría O Lameiro, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 21 de outubro de 2023, cumprindo todos os requisitos legais e estatutarios, acordou por unanimidade a disolución da cooperativa, segundo se recolle nos artigos 86 e 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, e o nomeamento dos liquidadores.

Frades, 25 de outubro de 2023

Ricardo Botana Rico
Juan Cao Cabo
María Soledad García Freire
Liquidadores