DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63799

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

O que subscribe, Juan Ángel Martínez Casal, veciño do lugar da Igrexa, núm. 39, parroquia de San Sadurniño de Amoedo, concello de Pazos de Borbén (Pontevedra), pola presente convocou á Asemblea Xeral Ordinaria todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo, que terá lugar o 16 de decembro de 2023, ás 19.30 e ás 20.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Casa Cultural de Amoedo, coa seguinte:

Orde do día.

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Estado das contas.

3. Excesos de consumo.

4. Obras de melloras nos mananciais.

5. Obras realizadas.

6. Rogos e preguntas.

A Igrexa-Pazos de Borbén, 26 de outubro de 2023

Juan Ángel Martínez Casal
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo