DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente 2022/43-ATE).

O 29 de agosto de 2023, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA SEQ805 entre os apoios 81-40-B-48 e 81-40-B-64.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Quiroga, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 25 de febreiro de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo de 2023, para que comparezan o día 13 de decembro de 2023 no Concello de Quiroga sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente, ou representados por unha persoa debidamente autorizada, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 25 de outubro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Regulamentación da LMTA SEQ805 entre os apoios 81-40-B-48 e 81-40-B-64

Propietario

Datos catastrais

Afección

Nº predio

Nome e apelidos

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Apoio

m2

ml aéreos

m2 aéreos

3

MV Villarbacú

90

493

Barraquiña Rubia

Monte alto

82.0

1.280.0

5

Montes Herrería Soldón

90

588

Barra

Monte alto

4.0

13

Florinda Fernández

90

448

Ponte

Monte alto

9.0

148.0

17

Descoñecido

90

437

Ponte

Prado

116.0

20

José Delfín Bao March

90

453

Carballois

Monte alto

6.0

25

Hros. Constantino Vieiro

90

460

Pedreiras

Prado

9.0

139.0

26

Descoñecido

90

608

Pedreiras

Prado

13.0

206.0

29

Descoñecido

90

418

Mea

Prado

19.0

308.0

30

Descoñecido

90

419

Mea

Prado

53

2.0

49.0

784.0

38

José Delfín Bao March

90

181

Lombo Datuia

Monte alto

54

2.0

18

261.0

40

Hros. Severino Gómez

90

173

Cibeiro

Monte alto

73.0