DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63653

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN308C).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 210, do día 6 de novembro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 60893, no anexo de subvencións a entidades locais para o acondicionamento e a mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico, deberase incluír a subvención ao Concello de Punxín, co que o devandito anexo quedaría:

«ANEXO

Subvencións a entidades locais para o acondicionamento
e a mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico

Beneficiario

NIF

Espazo termal/piscina termal

Actuación

Axuda concedida (€)

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

Teáns

Acondicionamento e mellora do espazo termal de uso lúdico de Teáns

64.371,01

Concello de Ourense

P3205500F

Piscina termal das Burgas

Actuacións de carácter arquitectónico sobre as instalacións e circuítos de auga termal, captacións, bombeo, tratamento, etc.

200.000,00

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

Pozos Daniela I e Daniela II

Instalación do peche perimetral da parcela

79.781,98

Concello de Punxín

P3206600C

Espazo termal de Bañiño

Humanización e mellora da área termal do Bañiño

158.687,36

Concello de Ourense

P3205500F

Burga do Canedo (Outariz)

Mellora das instalacións no espazo termal de Burga do Canedo

194.542,26»