DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2010/268-1, nos concellos de Padrón, Brión e Rois.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, nos concellos de Padrón, Brión e Rois (expediente IN407A 2010/268-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 7 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concello: Padrón.

Predio

Titularidade proposta

Referencia catastral

22

Grela Sorribas, Celsa

15066C50600087

Concello: Brión.

Predio

Titularidade proposta

Referencia catastral

97

Trigo García, José

15013B50300844

Concello: Rois.

Predio

Titularidade proposta

Referencia catastral

0-13

Pérez Zumalave, Manuel

15075A14300151

0-30, 0-32

Hdros. de Casal Lorenzo, Obdulia

15075A14300113

631-4

Ferreiro González, Josefina

15075A14200257

774

Hdros. de Rodríguez Sanmartín, José Manuel

15075A51400276