DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Instalación de apoio na LMTA SJG803, LMTA e instalación de reconectador.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio infórmase a persoa afectada pola expropiación, da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de apoio na LMTA SJG803, LMTA e instalación de reconectador, no concello de Cerdedo-Cotobade, que figura no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 6 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/462-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de apoio na LMTA SJG803, LMTA e instalación de reconectador.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

36011A001005750000JG

Julio Sara Fondos

24 de novembro de 2023

2023/54/433