DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63609

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuar a notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, atópanse a disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral/DNI

6984/2023

27067A030000020000XA

Polígono 30 parcela 2,

lugar Calvos, Pelourao, Vieiro, Viveiro (Lugo)

López Alvariño Antonio

(***5897**)

5744/2023

4282135PJ1348S0002FL

CR Ribadeo-Faro 68, Viveiro (Lugo)

En investigación

4282144PJ1348S0001ZK

SD Casilla 2, Faro, Viveiro (Lugo)

Areas Méndez María

(descoñécese DNI)

7962/2023

27067A026012770000XS

CM de Ameixoa, Vieiro, Viveiro (Lugo)

En investigación

Viveiro, 25 de outubro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa