DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0089/2023-PRE e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0089/2023-PRE e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 6 de novembro de 2023

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-0089/2023-PRE

76489325L

Resolución

R/ Rabuda,7, Aguiño, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0314/2023-V

76321850F

Resolución

R/ Prado da Viña, 10, 15155 Fisterra (A Coruña)

PSC-CO-0317/2023-ACU

52452596S

Resolución

A Igrexa, 21, Cespón, 15990 Boiro (A Coruña)

PSC-CO-0366/2023-V

52938137A

Resolución

Praza Valle Inclán, 3, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

PSC-CO-0559/2023-PPM

53481305A

Resolución

Corviño, 62, pbx. d, Cabo de Cruz, 15939 Boiro (A Coruña)