DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63535

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de supervisión de área funcional no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Mediante a Resolución do 12 de xullo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 140, do 22 de xullo), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de supervisión da Área Funcional no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles os postos convocados de supervisión de área funcional no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra aos/ás aspirantes seleccionados/as relacionados/as no anexo I.

Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condicións de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 10 de novembro de 2023

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Adxudicación de prazas

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación

Centro/Servizo/Unidade

Baltasar Blanco, Concepción

***1093**

S-A2-02

Supervisor/a da Área Funcional Cirúrxica

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Buján Martínez, Mª Dolores

***5983**

S-A2-02

Supervisor/a da Área Funcional de Docencia, Innovación e Calidade

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

López García, Mª Begoña

***4599**

S-A2-02

Supervisor/a da Área Funcional de Hospitalización

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Deserta

(renuncia da persoa aspirante admitida no procedemento)

………...

S-A2-02

Supervisor/a da Área Funcional de Recursos Humanos

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.