DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63492

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Sanitaria de Ferrol da Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL).

De conformidade co disposto pola disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 (DOG núm. 208, do 31 de outubro) pola que se regula a composición, e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol da seguinte asociación:

AGL

Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas

Ferrol, 8 de novembro de 2023

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol