A dirección executiva da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos seus estatutos e pola Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico,
RESOLVE:
Convocar proceso de selección de persoal laboral temporal, para a confección de listas de contratación de persoal laboral temporal da Fundación.
As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en: www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/FP Galega de Medicina Xenómica).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes (30 días naturais) contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023
Ángel María Carracedo Álvarez
Director executivo de la Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica