DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 2 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta, acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, no expediente PR204A 2023/3620-2 e catorce máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70,1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 2 de novembro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Resolución notificada

PR204A2023/3620-2

Y7897188Z

Desestimatoria

PR204A2023/3629-2

76416730N

Desestimatoria

PR204A2023/3687-2

34278759L

Desestimatoria

PR204A2023/3731-2

35591743W

Desestimatoria

PR204A2023/3760-2

33349267A

Desestimatoria

PR204A2023/3779-2

44428630J

Desestimatoria

PR204A2023/3793-2

33321632Z

Desestimatoria

PR204A2023/3798-2

40971802Q

Desestimatoria

PR204A2023/3802-2

47385034C

Desestimatoria

PR204A2023/3863-2

51062263D

Estimatoria parcial

PR204A2023/3864-2

71999917G

Desestimatoria

PR204A2023/3893-2

33314604R

Estimatoria parcial

PR204A2023/4120-2

35622507S

Desestimatoria

PR204A2023/4156-2

33314604R

Estimatoria parcial

PR204A2023/4247-2

33310595V

Desestimatoria