DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 13 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS618D (expediente 15054004723E e dez máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar, por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles de que, de non facelo, se entenderá practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese de que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 13 de outubro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618D.

Nº expediente

DNI/NIE/ID

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15054004723E

I20011754

Requirimento emenda da solicitude

7.9.2023

15078019223E

I20011785

Requirimento emenda da solicitude

19.9.2023

15030027023E

I20011786

Requirimento emenda da solicitude

14.9.2023

15030024023E

32783905G

Requirimento emenda da solicitude

4.9.2023

15030019323E

I20011324

Requirimento emenda da solicitude

6.9.2023

15005005023E

I20006175

Requirimento emenda da solicitude

1.9.2023

15058002123E

I20011744

Requirimento emenda da solicitude

8.9.2023

15030023223E

I20011709

Requirimento emenda da solicitude

30.8.2023

15030022923E

Z0093459S

Requirimento emenda da solicitude

30.8.2023

15054005223E

I20011771

Requirimento emenda da solicitude

12.9.2023

15030025823E

32789773F

Requirimento emenda da solicitude

13.9.2023