DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da concesión dun caudal de auga no concello de Forcarei (expediente DH.A36.80015).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para coñecemento xeral, que mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de marzo de 2023, e como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgóuselle á Comunidade de Usuarios de Acivedo unha concesión de 6.158 m³ anuais de auga, que procede dun manancial situado no lugar de Acivedo, da parroquia de Millarada (San Amedio), no concello de Forcarei (Pontevedra), con destino ao abastecemento da poboación. O número de expediente é DH.A36.80015.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións