DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha resolución relativa á solicitude de cesión en precario do predio do acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución relativa á solicitude de cesión en precario do predio do acordo.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 2 de novembro de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

ZCP Barbeito.

DNI/Nome

Nº prop.

Acto notificado

32600741N

120

RDX 14.9.2023