A Área de Explotación e Planificación Portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia redactou o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Betanzos, instalacións portuarias situadas no termo municipal do mesmo nome, na provincia da Coruña, e adscritas á entidade pública para a súa xestión.
Este documento foi redactado e tramitado de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 236, do 14 de decembro).
Na reunión do Consello Reitor de Portos de Galicia, que tivo lugar o día 16 de outubro de 2023, este acordou dar a súa conformidade á proposta da DEUP do porto de Betanzos, así como elevala e propoñela para a súa aprobación a través da Consellería do Mar.
Unha vez visto o informe da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia do 9 de outubro de 2023 sobre o trámite da proposta da DEUP, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial do 10 de outubro de 2023, así como o acordo do seu consello reitor do 16 de outubro de 2023, dando a conformidade á proposta da DEUP do porto de Betanzos e elevándoa e propoñéndoa para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación do conselleiro do Mar conferida pola Orde do 15 de marzo de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de febreiro de 2022,
RESOLVE:
Aprobar o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Betanzos (Betanzos, A Coruña), datado en decembro de 2020 e asinado polos enxeñeiros de camiños, canais e portos Sara Calvo Fernández e Ana Mansilla Piñón, como autoras, Andrés D. Cervantes Refojos, como xefe do Departamento de Planificación Portuaria de Portos de Galicia, e Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia