DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63034

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 20 de outubro de 2023 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,

Ao non ser posible efectuarlles a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Custos da exec. subsidiaria

Orde de execución

(exp. 1464-2022)

Resolución exec. subs.
do 16.8.2023

36043A053006840000JU

(Polígono 53-parcela 684)

Caldelas

Ponte Caldelas

En investigación

1.200,00 €

Orde de execución

(exp. 1434-2022)

Resolución exec. subs.
do 16.10.2023

36043A044037810000JQ (Polígono 44-parcela 3781)

A Insua

Ponte Caldelas

Cándido Santoro Vidal

600,00 €

Orde de execución

(exp. 1436-2022)

Resolución exec. subs.

do 16.10.2023

36043A044037830000JL (Polígono 44-parcela 3783)

A Insua

Ponte Caldelas

Aurora Vidal Vidal

600,00 €

Orde de execución

(exp. 1439-2022)

Resolución exec. subs.
do 17.10.2023

36043A044037860000JM (Polígono 44-parcela 3786)

A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

600,00 €

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puider determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultar infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio dos datos catastrais da parcela no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirlles os custes ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: un mes.

Ponte Caldelas, 20 de outubro de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente