DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de suspensión previa para estudo da reforma do planeamento vixente no ámbito da OE-6 (escolas de Maxisterio en Xoán XXIII).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o 28 de setembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Suspender os actos suxeitos a licenza e comunicación previa no ámbito da parcela catastral 7484803NH3478C0001TZ, ocupada polo edificio das antigas escolas de Maxisterio, hoxe destinado a centro de educación infantil e primaria (CEIP López Ferreiro) e facultades de Enfermaría e de Ciencias da Educación.

A suspensión afectará os seguintes procedementos:

1. As licenzas de edificación, parcelación e derruba.

2. As obras de nova edificación, así como as de rehabilitación integral que resulten asimilables ás de reconstrución total do edificio, agás as de carácter urxente.

3. As obras de reforma que supoñan aumento do volume edificado, así como as que poida devir incompatibles coa protección dos elementos de interese do edificio existente.

4. Os cambios de uso, así como o inicio de novas actividades.

A suspensión non impedirá a autorización de usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da LSG e 204 do seu regulamento.

O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A suspensión previa será efectiva a partir da súa publicación e terá a duración dun ano (1 ano), contado a partir da súa publicación no DOG.

Dado o carácter normativo da suspensión, o acordo é impugnable mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro do prazo máximo de dous meses contado a partir da súa publicación.

Do acordo adoptado darase traslado ao Servizo de Licenzas, para o seu coñecemento e efectos que procedan para a tramitación dos procedementos en curso e dos que se inicien con posterioridade á publicación do acordo de suspensión.

A documentación poderá ser consultada na páxina web do Concello de Santiago https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Suspension-previa-para-estudo-da-reforma-do-planeamento-vixente-no-ambito-da-OE-6-escolas-de-Maxisterio-en-Xoan-XXIII/gl

Contra o acordo transcrito poderase interpoñer directamente recurso contencioso- administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica