DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 62944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2023/324-1).

Expediente: IN407A 2023/324-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT POR-706, apoio ANMEBL9T//34-17-3.

Concello: Touro.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña POR-706 autorizado no expediente IN407A 2000/74-1, de 341 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio con matrícula ANJV9PDJ, metálico tipo AM-AL-CH-630/13-BR1-CAIII, e o apoio nº 34-17-4 (matrícula ANM0TM6E) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-B2-CSRI, consistente en:

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15086B503003000000QA sita no lugar de Barrido (Beseño), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 34-17-4, do apoio nº 34-17-3 (matrícula ANMEBL9T) de formigón tipo AM-AG-HVH-2500/13-CR1-CAIII, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-3000/14-C40R-CAIII, no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados neste apoio.

– Substitución do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña POR-706 de 147,1 metros de lonxitude comprendido entre o apoio con matrícula ANJV9PDJ existente e o novo apoio nº 34-17-3 proxectado, unha vez instalado este, por novo condutor tipo LA-56.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña POR-706 de 193,9 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 34-17-3 proxectado e o apoio nº 34-17-4 existente.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Touro.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol na LMT POR-706, apoio ANMEBL9T//34-17-3.

Concello: Touro.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Manuel Barco Fuentes

15086B503003000000QA

Agra da Pena

Novo apoio nº 34-17-3 (ITC)

2

Rústico. Agrario. Prados ou praderías