DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62743

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle modificado da parcela Z5 para a adaptación de aliñacións e volumes.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 5 de outubro de 2023, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle modificado III da parcela Z-5 para a adaptación de aliñacións e volumes, do plan parcial SAU 3 Pazo de Rianxiño elaborado polo estudo de arquitectura Amancio Losada Vicente.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, a documentación estará exposta ao público na web municipal https://concelloderianxo.gal/urbanismo

Tamén se poderá consultar nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello das 9.00 ás 14.00 horas.

O prazo de exposición pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior difusión da provincia. Neste prazo calquera persoa poderá examinar o estudo de detalle e presentar alegacións, suxestións ou documentos que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todos os propietarios e interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por ser ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente ou, intentada a notificación, non se puidese efectuar.

Rianxo, 20 de outubro de 2023

Julián Bustelo Abuín
Alcalde