DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación definitiva de instrumento de planeamento urbanístico (expediente 2023/U032/000001).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de setembro de 2023, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para o reaxuste das aliñacións na contorna de Pedra Furada, que ten como obxectivo o reaxuste das aliñacións establecidas no Plan xeral de ordenación municipal, promovido polo Concello de Carballo, segundo a documentación técnica elaborada polo arquitecto xefe da Área de Urbanismo e Obras, Alfredo Garrote Pazos, asinada o 13 de setembro de 2023.

Faise público este acordo, segundo o disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do Regulamento desta lei (Decreto 143/2016, do 22 de setembro), xunto co documento dilixenciado, que está a disposición dos interesados na páxina web deste concello na seguinte ligazón (punto 1 estudos detalle):

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Este acordo publícase tamén no taboleiro electrónico municipal, no seguinte enderezo:

https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/

Carballo, 10 de outubro de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde