DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 30 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Baños de Molgas (expediente IN407A 2023/26-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada montaxe e PES de reconector en Baños de Molgas, concello de Baños de Molgas, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 30 de outubro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/26-3.

Instalación: montaxe e PES de reconector en Baños de Molgas.

Concello: Baños de Molgas.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

1

Penas Varradas

32008A017003430000EK

Descoñecido/a

27.10.2023