No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 299, do 31.12.2022, publícase a aprobación das bases xerais e específicas para a provisión de postos mediante o proceso extraordinario de estabilización e consolidación de emprego de carácter temporal de 2022, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, relativas ás seguintes convocatorias:
– Once prazas de auxiliar de axuda a domicilio do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Catro prazas de limpador/a do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
O Pereiro de Aguiar, 6 de outubro de 2023
Luis Menor Pérez
Alcalde