DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62254

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Veiga de Antela, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución de cooperativa.

O 30 de xuño de 2023, na sede social da cooperativa, con domicilio no Centro de Procesado Avícola (CPA), Santa Cruz de Arrabaldo, 32990 Ourense, acordouse por unanimidade, en sesión universal da asemblea xeral extraordinaria, disolver a cooperativa e cesar a totalidade dos membros do Consello Reitor. Ademais, baixo o disposto no número 1 do artigo 89 da Lei de cooperativas de Galicia e nos estatutos sociais da cooperativa, acordouse, tamén por unanimidade, que as funcións do órgano de liquidación sexan asumidas polo anterior órgano de administración: José Ramón Ramos López, Celso Gómez Valencia e Juan Conde González.

O anterior comunícase para o xeral coñecemento das persoas interesadas, conforme o disposto no artigo 86 e seguintes da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Ourense, 6 de setembro de 2023

Os liquidadores
José Ramón Ramos López
Celso Gómez Valencia
Juan Conde González