DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia PO-2009/00971 e trece máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal ás persoas, notifícaselles ás persoas interesadas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 27 de outubro de 2023

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2009/00971

44834881S

PO-2010/00348

44446968C

PO-2012/00231

36092215V

PO-2014/00535

36110056X

PO-2017/00679

Y5854978C

PO-2017/00798

76929495S

PO-2018/00163

FP864122

PO-2018/00186

53818110L

PO-2019/00045

77462963K

PO-2019/00470

Y5834858W

PO-2019/00565

Y5607243H

PO-2020/00148

X9225127B

PO-2020/00348

76998487F

PO-2023/00619

AV076623

PO-2023/00619

77681033M