DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62113

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión da praza vacante de xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense da Subdirección Territorial de Santiago de Compostela no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), convocado pola Resolución do 4 de xullo de 2023.

Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a concurso específico de méritos a praza vacante de xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense da Subdirección Territorial de Santiago de Compostela no Instituto de Medicina Legal de Galicia (DOG do 17 de xullo), así como o artigo 49 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, no uso das competencias que me atribúe a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro

Resolver o concurso específico para a provisión da praza vacante de xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense da Subdirección Territorial de Santiago de Compostela, indicada no anexo, e indicar deserto o dito posto.

Segundo

Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Esta resolución pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada potestativamente en reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá ser impugnada directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Posto adxudicado

Adxudicatario/a

Denominación: xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense.

Código do posto: XG9251820015770310.03.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Deserto