DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61728

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 31 de outubro de 2023 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 21 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 187, do 2 de outubro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social e Xuventude mediante a Orde do 21 de setembro de 2023 (DOG núm. 187, do 2 de outubro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 21 de setembro de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectuar o cesamento empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión na praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O/a xefe/a do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO

Apelidos e nome: Ocampo López, Cristina.

NRP: ****127902L145100172.

Grupo: II.

Corpo/escala: 0017-asistente/a social.

Denominación do posto: director/a de residencia de maiores.

Código: PS.C99.40.801.15350.001.

Dependencia: Residencia de Maiores de Ferrol.

Localidade: Ferrol.