DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Instalaciones Antelco, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 26 de outubro de 2023, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao enderezo social da entidade Instalaciones Antelco, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 15 de setembro de 2017. O seu novo enderezo social é polígono empresarial de Xinzo de Limia, parcela 84-85, concello de Xinzo de Limia, provincia de Ourense.

Ourense, 26 de outubro de 2023

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense