Mediante a Resolución de Alcaldía do 6 de outubro de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de administrativo/a deste concello, mediante o sistema de oposición.
No Boletín Oficial da provincia núm. 236, do 14 de outubro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de oposición libre, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:
Grupo: C.
Subgrupo: C1.
Escala: xeral.
Subescala: administrativa.
Clase: funcionario de carreira.
Denominación: administrativo/a.
Número de vacantes: 1.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello no enderezo https://rábade.sedelectronica.gal
Rábade, 17 de outubro de 2023
Remedios González Cabarcos
Alcaldesa